HomesociedadeNovo obradoiro de emprego para O Saviñao, Sober e Pantón

Novo obradoiro de emprego para O Saviñao, Sober e Pantón

O Concello do Saviñao desenvolverá un ano máis un obradoiro de emprego xunto aos Concellos de Sober e Pantón que foi concedido pola Xunta de Galicia cunha achega de 346.946 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro Ricra IV permitirá formar, durante 9 meses, a 20 alumnos-traballadores en dúas especialidades: carpintería e forestal.

O módulo de carpintería permitirá aos tres concellos facer mobiliario e equipamento de todo tipo coma varandas, bancos ou estanterías, entre outros traballos que recolle o propio proxecto.

Co módulo de forestais, o Concello do Saviñao levará a cabo unha poda acorde coas necesidades tanto na devesa de Escairón coma na de Currelos guiada por un monitor especializado. No caso do Concello de Sober, o proxecto recolle o percorrido dos Chancís e a romaría de Cadeiras e no de Pantón, o campo da feira de Pantón, o espazo público de Galegos e as zonas verdes de Ferreira.

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, sinala que “o obradoiro de emprego permite formar a persoas desempregadas para facilitar o seu acceso ao mundo laboral ao mesmo tempo que xera emprego e favorece que os Concellos poidan sacar adiante determinados proxectos”. Está previsto que o obradoiro de emprego comece a partir da primeira quincena de decembro.

ÚLTIMAS

O ‘Xanela Fest’ dá a coñecer o concello gañador deste 2026

A segunda edición do Xanela FEST xa ten gañador. O Concello de San Sadurniño, representado pola Asociación de...

A veciñanza da Pobra do Brollón volve a concentrarse o 11 de setembro reclamando médicos

Con estas mobilizacións reclámase ás administracións competentes que adopten as medidas necesarias para garantir...

O Concello de Chantada recolle por sexto ano a Categoría Ouro de Praias sen Fume

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, recollía en Begonte esta distinción...

COGAMI comeza o curso con formación inclusiva para profesorado e familias

'Red DUActiva: Diversidade, Acción e Transferencia na aula' é unha iniciativa financiada pola Fundación ONCE e...