HomesociedadeA "situación comprometida de Chantada" pode levala ao confinamento este venres

A “situación comprometida de Chantada” pode levala ao confinamento este venres

A Consellería xa informou aos alcaldes da zona de que o Comité Clínico podería tomar esta medida o venres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou aos medios que o municipio de Chantada atópase nunha “situación comprometida”, como o coruñés de Carballo. Por iso, o mandatario autonómico avazou que “foron preavisados os alcaldes desta situación e é probable”, que este venres “adóptese” algunha decisión relativa a Chantada e na zona de Carballo.

“Non podo confirmar ningunha noticia porque o comité clínico non se reuniu e a valoración non está actualizada”, matizou. “Pero mañá (venres) Carballo, Bergantiños e Chantada serán valorados de forma especial e pódese dar a posibilidade dalgún peche da hostalería neses lugares”, concluíu Feijóo.

A Consellería de Sanidade comunicáballe este xoves, 12 de novembro, aos alcaldes da zona, que o Comité Clínico, “con toda probabilidade”, ía decidir este venres o peche perimentral dos 5 Concellos en nivel de alerta 3 da comarca de Bergantiños e tamén o de Chantada, o que suporía o peche da actividade non esencial. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...