HomesociedadeAcivro de Adegas Salvadur triunfa na Cata dos Viños de Galicia

Acivro de Adegas Salvadur triunfa na Cata dos Viños de Galicia

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle a entrega dos premios da XXXII edición da Cata dos Viños de Galicia, aos viños da D.O. Ribeira Sacra. Para cumprir os protocolos sanitarios ante a pandemia da Covid19, representantes da Consellería de Medio Rural trasladáronse ata a Ribeira Sacra a entregar os recoñecementos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Á espera de que o día 19 se coñeza, na cidade da cultura, a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto de Galicia neste 2020, os viños premiados na D.O. Ribeira Sacra foron:

  • Acio de Ouro tinto: Próminede Bodegas Petrón S.L.
  • Acio de Prata tintoPeza do Rei de Adega Cachín S.L.

Tres viños da D.O. Ribeira Sacra foron recoñecidos como os mellores de Galicia nas categorías Viños de Colleiteiro e Pequenas Adegas; e Viños de Elaboracións con Madeira.

  • Acio de Ouro tinto Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Colleiteiro e Pequenas Adegas.
  • Acio de Ouro tinto, Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira 
  • Acio de Prata tinto, Tradición de Adega Vella, Jorge Feijoo González, na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira 

O panel de cata formábano 14 catadores que fixeron cata cega de 348 mostra de viños de toda Galicia. Correspondían á D.O. Ribeira Sacra 70 mostras de 30 adegas. No acto de entrega recoñeceuse o valor secular dos adegueiros e a excelencia do seu traballo. Da D.O. Ribeira Sacra destacouse a vendima “in extremis” e o traballo de adegueiros e viticultores como un proceso artesanal cheo de amor pola viticultura.

ÚLTIMAS

O PP leva á Cámara Alta a “parálise da A-56 e o abandono da N-540”

Os senadores populares alertan de que a A-56, unha infraestrutura estratéxica para vertebrar o...

O BNG esixe ao Goberno actuacións urxentes na N-540

A N-540 é unha infraestrutura fundamental para a conexión entre Ourense e Lugo, a...

O CEIP de Quiroga homenaxea o Entroido Choqueiro e o Touro de Bendilló

Nestes días o alumnado do centro tivo unhas charlas a cargo do historiador, Ramón...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o San Valentín e o Entroido

O Centro Comercial e de Lecer Ponte Vella prepárase para vivir uns días con...