IniciosociedadeMonforte urbanizará a "Zona C"

Monforte urbanizará a “Zona C”

O concello de Monforte urbanizará a chamada “ZONA C”, que se corresponde cos terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas. “Con estas obras imos cambiar a fisonomía da cidade, mellorando a trama urbana e poñemos en valor, unha zona da cidade moi preto do monumento da Nosa Señora da Antiga, que sen dúbida vaille dar unha maior calidade urbana a esa parte de Monforte,” asegura o alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O terreo denominado como “Zona C”, foi calificado como solo urbano non consolidado, polo Pleno do Concello celebrado o 12 de abril do ano 2000, fai máis de 20 anos, sendo publicado no BOP de 26 de abril e publicado no DOG de 27 de abril dese mesmo ano. Mediante ese acordo plenario produciuse unha modificación das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal, que permiten urbanizar esas zonas e poñelas ó servizo da cidade de Monforte.

Para poder levar a cabo esta urbanización, dende o Concello xa se deron os primeiros pasos, tendo xa adxudicado o Proxecto de Reparcelación da “Área C” ou “Zona C”, a través dun contrato menor por importe de 11.495 euros, á empresa MONSA URBANISMO, que dispuxo dun prazo de 2 meses para entregar o citado proxecto de reparcelación, o cal, anunciou o Alcalde, será presentado dentro de pouco tempo.

“Cando expliquemos o Proxecto de Reparcelación, daremos a coñecer con exactitude o custe da urbanización, aínda que o custe estimado rondará preto do millón de euros, o que da boa mostra da importancia da inversión deste proxecto que fai o Concello de Monforte” explicou Tomé Roca.

Así, con este proxecto melloranse as comunicacións dende a Avenida de Galicia a través da rúa Rof Codina ó barrio de Cobas, dándolle unha solución urbanística de menor impacto ó final dos edificios da rúa Rof Codina, especialmente no remate da beirarrúa da esquerda e valorizando toda esa zona.

Ademais de novas rúas e de parcelas edificables, tamén haberá unha nova zona axardinada duns 6.000 m2 aproximadamente arredor da Gardería Municipal e do borde do río, dándolle unha semellanza ó xardín do Parque dos Condes, quedando as dúas marxes do río Cabe como zonas verdes, poñendo en valor esa zona da cidade, tan próxima a Nosa Señora da Antiga, máis coñecida como Escolapios.

Para realizar todas as xestións cos propietarios dos terreos e para levar a Dirección das obras, o Concello contratará a unha empresa como asistencia técnica, que se encargará da execución do proxecto de reparcelación, baixo as directrices do Concello.

O sistema de cooperación previsto na lei, permite ós Concellos promover a urbanización dos terreos, repartindo cargas e beneficios entre os propietarios, sempre que así o desexen, ou urbanizar o Concello con fondos propios, abonándolle ós propietarios o valor dos terreos antes de ser urbanizados, pasando despois a ser de titularidade pública, ata o valor do custe da urbanización, repercutindo o resto dos terreos edificables ós propietarios iniciais.

“Nós esperamos que os actuais propietarios cooperen co Concello, e si non estiveran dispostos porque non lles interesa, será o Concello quen leve a cabo este proxecto en solitario, ou en cooperación cos propietarios que queiran ou poidan” subliñou o Alcalde. E engadiu que “a decisión de mellorar esa zona da cidade, é unha decisión firme e o Concello conta con fondos para poder levar a cabo o proxecto de reparcelación e tamén o proxecto das obras de urbanización”.

O horizonte para ter rematado este proxecto, prevese  que sexa  antes de que remate o actual mandato, é dicir, dende o Concello a pretensión é que estea todo urbanizado a finais de 2022.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...