HomesociedadeAxudas para a contratación de alumnos da Escola Obradoiro de Monforte

Axudas para a contratación de alumnos da Escola Obradoiro de Monforte

Trátase de axudas de 1.500 euros destinadas fomentar a contratación por parte de empresas do sector da construción dos alumnos dos módulos de fontanería e albanelería participantes no Obradoiro dual de emprego “Acondicionamento das instalacións da Escola Obradoiro da Pinguela", que rematarán a súa formación o 16 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para poder recibir estas axudas, as empresas deberán formalizar os contratos cos alumnos antes de que finalice o ano, e os contratos deberán ser de alomenos 3 meses. Todas as empresas do sector da construción interesadas en solicitar estas axudas, terán 20 días de prazo, a contar dende o domingo 22 de novembro, para formalizar as súas solicitudes.

“Deste xeito”, sinala o Alcalde, “dende o Equipo de Goberno do Concello, dentro das nosas políticas sociais e económicas, seguimos fomentando a creación de emprego, e neste caso, para facilitar a incorporación ó mercado laboral dos alumnos que veñen de formarse na Escola Obradoiro da Pinguela.”

A estas axudas poderán optar entidades beneficiarias dos incentivos á contratación as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, cuxa actividade estea directamente relacionada coa formación impartida nos obradoiros duais de emprego, e que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego. Toda a información na web.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...