HomesociedadeOs nenos de Monforte falarán por videoconferencia cos Reis Magos

Os nenos de Monforte falarán por videoconferencia cos Reis Magos

“Queres falar cos Reis Magos?” esta iniciativa xurde debido á actual situación propiciada pola pandemia da Covid-19, que impide a celebración de actos multitudinarios, polo que esta campaña promovida dende o Concello de Monforte, busca por en contacto cos Reis Magos a todos os nenos que así o desexen.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os pais e nais que desexen que os seus fillos e fillas reciban unha chamada telefónica ou por videoconferencia dos Reis Magos, deberán inscribilos a través do portal www.nadal2020.es, ou no teléfono 641 585 245, antes do martes 29 de decembro.

Esta actividade está especialmente dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 10 anos, para que poidan falar en directo cos Reis e así facer real a ilusión destas datas tan indicadas, utilizando para elo unha plataforma segura www.nadal2020.es.

A través desta plataforma, os pais, titores ou familiares monfortinos maiores de idade poderán inscribir ós seus nenos e nenas dunha forma moi sinxela, seguindo unha serie de pasos, e dende a plataforma concertarase unha data e unha hora onde as Súas Maxestades poñeranse en contacto de xeito individual con cada neno ou nena a través dunha sinxela vídeo-chamada de Whatsaap.

Da mesma maneira, ante a dificultade que poidan ter algunhas familias para contar con acceso a internet, chamando ó teléfono 641 585 245 poderán inscribirse nesta campaña. Despois, o persoal da plataforma no día e hora acordados, presentarase na porta da vivenda cun dispositivo electrónico para poder levar a cabo a conexión da vídeo chamada.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...