HomesociedadeAudioguías nos museos de Quiroga

Audioguías nos museos de Quiroga

Os dous museos de Quiroga xa contan con servizo de audioguía. O servizo está dispoñible en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Este sistema electrónico permite realizar visitas guiadas personalizadas tanto no Museo Xeolóxico como no Etnográfico, onde un reprodutor dará aos visitantes información detallada, no idioma que escollan.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este novo servizo, cofinanciado pola Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo, que comezará a usarse cando a situación sanitaria o permita,  ven a complementar o traballo de ampliación dos dous museos quirogueses. 

O Museo Xeolóxico abriu de novo as portas tras a súa ampliación no pasado mes de agosto. Os visitantes poderán agora ver e escoitar todo o que recolle referente á formación xeolóxica, co pregamento de Campolola-Leixazós; á historia paleontolóxica, cun importante rexistro fósil; aos cambios climáticos, coas pegadas da última glaciación; ás primeiras ocupacións humanas, coa réplica de Elba, a muller máis antiga atopada na zona; e á minería antiga e recente.

escola obradoiro Museo Xeolóxico / concello de Quiroga

Na fachada deste edificio están a traballar os participantes no Obradoiro de Emprego SilLor. Levantaron dúas columnas para a construción dun soportal na súa entrada. As columnas de cemento revestido de pedra de canteiría -acorde coa fachada do museo-, suxeitan unha estrutura de madeira que sosterá un tellado de cristal.

En canto ao Museo Etnográfico, que tamén dispón do servizo de autoguía, ten en proxecto a súa ampliación, que previsiblemente comezará co inicio do vindeiro ano e que permitirá sumar máis pezas a esta gran exposición do noso pasado material. Nestes momentos conta con varias salas: a lareira, que representa varias dependencias dunha vivenda; a fragua, que recrea as ferrerías; o pendello, que recolle un bo número de apeiros de labranza; o aceite, cunha recreación dun muíño; e a adega, na que está presente o mundo do viño. A serra, o tear, a lousa e as castañas tamén forman parte deste museo. Máis tarde acolleu parte das maquetas das casas de pedra elaboradas para a película galega de animación “O Apóstolo”. Recentemente ampliouse a parte dedicada ao mel coa réplica de parte dunha alvariza e abriuse a sala dedicada  á escola. A última incorporación foi a sala dedicada á imprenta.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...