Homesociedade176 novas audioguías para os recursos da Ribeira Sacra

176 novas audioguías para os recursos da Ribeira Sacra

Súmanse estas novas incorporacións ás 64 audioguías xa existentes en galego, castelán e inglés.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra mellora a navegabilidade e accesibilidade do portal de información turística: https://turismo.ribeirasacra.org/

No relativo á accesibilidade, destaca a incorporación de 176 novas audioguías en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Súmanse estas novas incorporacións ás 64 audioguías xa existentes nas tres linguas . Con esta incorporación mellórase a propia accesibilidade da páxina web, e coas narracións de voz achégase información ao visitante dun xeito cercano e ameno. 

En canto á navegabilidade da web, algunhas das accións que se levaron a cabo foron a actualización e reorganización de contidos, a icorporación de máis de 300 fotogafías de recursos, así como a creación de novas seccións no portal para albergar novos recursos turísticos. Sobre estes novos apartados, salientan, entre outros, a creación dun específico para o patrimonio inmaterial, que recolle as lendas e seres mitolóxicos de Ribeira Sacra, ou a sección específica para a posta en valor de auténticas reliquias da natureza como son as árbores senlleiras. 

Estas accións súmanse aos traballos de actualización de información e incorporación de novas empresas e recursos turísticos que vimos realizando ao longo de todo o ano. Sinalan desde o Consorcio que “buscan unha mellora continua na experiencia do visitante e tanto estes cambios como a incorporación de novas ferramentas permítennos achegarnos ao visitante dun xeito máis doado, dende o momento que accede á información por primeira vez na rede ata a hora da planificación da súa estadía no noso xeodestino.”

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...