HomesociedadeLugo perderá o 10% da súa poboación en 15 anos

Lugo perderá o 10% da súa poboación en 15 anos

Lugo vai camiño de converterse nun deserto demográfico en Galicia. Perderá o 10% da súa poboación actual en tan só quince anos, omesmo que Ourense de manterse as tendencias demográficas actuais (11,1% e 10,5%, respectivamente), mentres que na Coruña e Pontevedra as caídas previstas sitúanse nun 5,7% e un 4,8%, respectivamente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En conxunto, Galicia reducirá un 6,6% a súa poboación en 15 anos, de acordo coas ‘Proxeccións de poboación a curto prazo. 2020-2035’ que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Por áreas (agrupación de comarcas), as que presentan unha maior diminución ata 2035 son as da Coruña suroriental cunha diminución do 18%, a de Ourense sur, cun retroceso do 17,3%, e a Costa da Morte, cun descenso do 16,8%. Toda a información no Lugo Xornal

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...