HomesociedadePremio para as fachadas e os escaparates mellor decorados de Quiroga

Premio para as fachadas e os escaparates mellor decorados de Quiroga

Ata 100 € en vales para gastar no comercio local pode recibir o gañador do concurso para o que será preciso inscribirse antes do 14 de decembro na Casa da Cultura. O único requisito que deberán cumprir os participantes é que a decoración permaneza dende o 15 de decembro ata o 6 de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano decorar as fachadas das vivendas e os escaparates pode ter premio. O Concello de Quiroga retoma o concurso de decoración de Nadal co que premiará o deseño, a orixinalidade e a estética coa que se decoren aquelas partes das vivendas ou establecementos que poidan verse dende a rúa.

Con este concurso o Concello de Quiroga pretende animar a que particulares e establecementos contribúan a dar máis vistosidade á época de Nadal, á vez que se axuda ao comercio local incentivando as compras. 

O concurso ten dúas categorías, unha para os establecementos da vila e a outra para as vivendas. En cada unha delas elixiranse tres gañadores que recibirán 100 €, 75 € e 50€ en vales para gastar no comercio local. Será o día 5 de xaneiro cando se coñeza a decisión do xurado.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...