HomesociedadeAs nevaradas poñen ao descuberto as deficiencias nos servizos do Courel

As nevaradas poñen ao descuberto as deficiencias nos servizos do Courel

As incidencias no Courel como consecuencia das últimas nevaradas levan a C@urel Vivo a lembrar que "nestes días é cando precisamos a axuda para dar resposta ante as problemáticas, tanto das administracións como das empresas suministradoras."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde C@urel Vivo aseguran que desde este venres pola tarde, levan padecido no concello de Folgoso do Courel cortes eléctricos, caídas de arbores, falta de cobertura telefónica, “a maiores dos que causa xa o temporal.”

Segundo CV moitas das incidencias se dében a unha falta de mantemento, tanto das faixas arredor dos tendidos eléctricos como de Estradas Locais e da Deputación; a unha deficiente rede eléctrica de media tensión, a pesares das constantes subidas da luz e a unha rede de repetidores de telefonía onde depende da luz local, “non contan con xeradores de emerxencia, só os teñen en Chanzarcadas, en Meiraos e Pía Paxaro.”

Desde CV puxeron este sábado ás 20.30, unha reclamación a Unión Fenosa Distribuidora informando das incidencias eléctricas que afectan ao Concello: Lóuzara (clientes afectados 153), Eiriz (clientes afectados 270) e Quiroga (en cálculo)

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...