HomesociedadeCourel recupera normalidade tras quedar núcleos sen luz e accesos bloqueados co...

Courel recupera normalidade tras quedar núcleos sen luz e accesos bloqueados co temporal

Algúns veciños do municipio chegaron a estar máis dun día sen subministración eléctrica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, confirmou que a situación “se foi normalizando” nas últimas horas no seu municipio, despois dunha fin de semana “complicada”, na que a nevada deixou a uns trescentos veciños de diversos núcleos de poboación sen subministración eléctrica e numerosos accesos bloqueados por mor da neve e da caída de árbores.

En declaracións a Efe, Lola Castro precisou que algúns veciños do municipio chegaron a estar máis dun día sen subministración eléctrica. De feito, precisou que “na parta baixa do municipio” a subministración quedou restablecida este domingo, a partir das 13:00 horas, aínda que logo aínda houbo “varios cortes”, ata que o persoal da compañía eléctrica logrou “estabilizalo”.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...