Homesociedade"Biblioteca accesible" no concello de Bóveda

“Biblioteca accesible” no concello de Bóveda

O proxecto de integración na 'Biblioteca Accesible' foi recentemente recoñecido co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda celebrou unha nova xornada da ‘Biblioteca Accesible’, a visita semanal que os usuarios e usuarias da residencia fan á Biblioteca Pública Municipal na que, ademais de coller libros, realizan diferentes actividades.


Proxectáronse unha serie de audiovisuais e elaboraron un mural que entregaron á dirección do CEIP Rosalía de Castro de Bóveda para que poida ser exposto no centro e o alumnado poida contruibuír engadido as súas pegadas.


Tamén se agradeceu á residencia para persoas con discapacidade funcional a súa participación no proxecto de integración na ‘Biblioteca Accesible’, recentemente recoñecido co Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia. As medidas anticovid obrigan a que só puidera participar un grupo reducido de usuarios e usuarias.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...