IniciosociedadeSober convoca o I Certame de decoración de locais comerciais

Sober convoca o I Certame de decoración de locais comerciais

O Concello de Sober abre o prazo para anotarse nos certames de Nadal, que este ano suman como novidade un concurso de decoración de locais comerciais. Ademais, con xa é habitual, o Goberno local convoca un certame de beléns, un de postais e un de poesía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No I Certame de decoración de locais comerciais poderán participar todos os veciños e veciñas que rexenten locais comerciais ou de hostalería en Sober e decoren escaparates ou fachadas situados en todo o termo municipal. O motivo e a temática da decoración será exclusivamente o Nadal. A inscrición poderase realizar ata o día 19 de decembro a través do correo cultura@concellodesober.com especificando os seguinte datos: nome e apelidos, teléfono, local comercial participante con enderezo e tres fotografías da decoración do escaparate/fachada onde se aprecie ben os elementos que a forman. 

Certame de beléns

Establécense dúas categorías: adultos e infantil. A inscrición poderase realizar ata o día 19 de decembro a través do correo cultura@concellodesober.com especificando os seguinte datos: nome e apelidos, teléfono, categoría na que se participa e tres fotos do belén. 

Certame de poesía

Poden participar todas as persoas con poesías sobre o tema xenérico do Nadal. Haberá tres categorías: A) Ata 8 anos. B) De 9 a 11 anos e C) De 12 a 16 anos. Todos os traballos irán acompañados dos datos do autor/a. Os poemas serán redactados en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. O prazo de presentación remata o 19 de decembro e deben ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal de Sober. Os traballos premiados recibirán diploma e un lote de libros. Os traballos premiados na fase local participarán na fase provincial do certame convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.

Certame de postais

Poderán participar todas as persoas con postais sobre o tema xenérico do Nadal. Haberá catro categorías: A) Ata 8 anos. B) De 9 a 11 anos. C) de 12 a 16 anos e D) A partir de 17 anos. Todos os traballos irán acompañados dos datos do autor/a. O tamaño e os materiais empregados nas postais son de libre elección. O prazo de presentación remata o 19 de decembro e deben ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal de Sober. Os traballos premiados recibirán diploma e un lote de libros.

A entrega de premios de todos os certames será na primeira quincena do mes de xaneiro. 

ÚLTIMAS

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...