IniciosociedadeDecoracións de Nadal enxebres e sostibles

Decoracións de Nadal enxebres e sostibles

En Taboada destacan figuras representativas destas datas realizadas con neumáticos, en Chantada un poboado feito con materiais reciclados, e na Casa do Concello de Monforte dúas árbores con adornos moi orixinais realizados con caixas de zapatos.

Publicado o

- Advertisement -

Chegadas estas datas é costume engalanar as vilas e cidades con moitas luces e distintas decoracións. Obxectivo? Que se note que comezou o Nadal e que a ambientación anime a pasear, mercar e facer gasto no comercio local.

Chufar de iluminación de Nadal estase convertindo xa nun clásico destas festas, non hai máis que ver en Vigo a que armaron o pasado ano, pero tamén existen inciativas orixinais, moito máis económicas, sostibles e que teñen incluso detrás un importante labor social. Coñecemos días atrás, por exemplo, que o Concello de Chantada preparou un poboado de Nadal feito con materiais reciclados e disposto por diferentes zonas da vila, e vimos tamén no Concello de Taboada uns adornos moi orixinais realizados con neumáticos usados.

Boneco de neve na entrada da Casa do Concello de Taboada

Atopamos así, unha grande árbore de Nadal, bonecos de neve e un Papá Noel en varios puntos da vila de Taboada. E todo o traballo cóntannos que foi obra dunha asociación da terceira idade.

Tamén atopamos unha iniciativa moi interesante en Monforte de Lemos, trátase do decorado que loce o recibidor da casa do Concello. Como cada Nadal a Asociación Albores Saúde Mental comprometeuse a realizar esa decoración.

Recibidor da Casa do Concello de Monforte. Foto: Albores

A mensaxe que deixan é a seguinte: “Este ano tiveron unha relevancia excepcional os fogares, xa que nos protexeron máis ca nunca. Por iso quixemos ter presentes na nosa árbore as casas de todas e todos”.

Como é xa costume, para a elaboración da decoración das dúas árbores que hai no recibidor, empregaron material reciclado para respectar o medio ambiente, nesta ocasión fundamentalmente foron caixas de zapatos.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...