O presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, lembraba na presentación o feeling que a D.O. Ribeira Sacra ten con este certame porque ambos naceron na mesma época “Este certame é un dos máis importantes porque as características dos territorios e dos viños fan que a D.O. Ribeira Sacra sexa un dos espazos máis representativos deste tipo de viticultura. O sector do viño neste tipo de territorios tan complicados é fundamental para asentar poboación e para manter a paisaxe. Toda a dinamización económica e turística deste territorio é consecuencia dunha paisaxe coidada que comezou co viño.”
A D.O. Ribeira Sacra presentaba este ano, 64 mostras, 53 de tintos e 11 de brancos, pertencentes a 36 adegas, e obtén 11 medallas de ouro:
Medalla de ouro, Categoría Viños Brancos colleita 2019:
- Viña Garoña de Adegas Viña Garoña S.L.
Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos colleitas 2019 e 2018:
- Os Cipreses 2018 de Rabelas S.L.
- Acrivro 2018 de Adegas Salvadur S.L.
- Garoubas 2018 de Fidel Gallego Carreira
- Ciudaseis Pedras Altas barrica 2018 de María Gloria Alvarín Losada
- Abadía da Cova Xuño 2018 de Adegas Moure S.A.
- Finca cuarta 2019 de Rubén Moure Fernández
Medalla de ouro, Categoría Viños Tintos Vendimas 2017 e anteriores:
- Finca La Capitana 2014 de Regina Viarum S.L.
- Adega Barbado 2017 de Javier Méndez Arias
- Finca Cuarta 2017 de Rubén Moure Fernández
- Alcouce 2014 de Chao do Couso S.L.
O Mondial das Vins Extrêmes, que organiza o CERVIM é o concurso enolóxico máis importante, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas. A D.O. Ribeira Sacra é un dos máximos expoñentes mundiais deste tipo de viticultura que hoxe se coñece como viticultura heroica.