HomesociedadeEntrega de diplomas do obradoiro de emprego Sillor VI

Entrega de diplomas do obradoiro de emprego Sillor VI

A Xunta de Galicia fixo entrega dos diplomas aos 20 alumnos traballadores que participaron no obradoiro de emprego Sillor VI, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 460.300 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obradoiro impartiu formación en Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas, que contou con sete alumnos no municipio de Quiroga, e Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, con seis participantes en Folgoso do Courel e sete en Ribas de Sil. Desenvolveuse ao longo do último ano, superando en máis dun terzo a duración e o orzamento inicialmente previstos co fin de compensar o período en que a actividade estivo suspendida por mor da situación sanitaria.

Estas iniciativas mixtas de formación e emprego buscan mellorar a oportunidades laborais de persoas desempregadas grazas a unha aprendizaxe práctica en especialidades profesionais adaptadas á demanda do mercado de traballo local.

Neste caso, en Quiroga traballaron na segunda fase da ampliación do Museo Xeolóxico, executaron unha beirarrúa e un porche na parte frontal. Ademais, no Museo Etnográfico adaptaron os aseos para que sexan accesibles; tamén realizaron obras en pavimentos e revestimentos na Praza do Albergue, rúa Praia e a Praza Maior.

En Folgoso do Courel remataron a rehabilitación das escolas do Carballal e A Teixera, construíron beirarrúas na rúa Nova e plataformas con valado para os contedores. Por último, en Ribas de Sil levaron a cabo un proxecto de mellora de accesos en San Clodio.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...