HomesociedadeO Concello de Bóveda rehabilita o Muíño dos Fernández

O Concello de Bóveda rehabilita o Muíño dos Fernández

O Concello de Bóveda asinou un convenio de colaboración coa a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), para o proxecto senlleiro “Rehabilitación do Muíño dos Fernández”, orientado á mellora da estrutura e infraestrutura do territorio para fortalecer o desenvolvemento do rural galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Agader comprométese, con cargo a este convencio, a aboar ao Concello de Bóveda a cantidade de 40.000 euros para o proxecto Rehabilitación do Muíño dos Fernández, con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, no marco das “Actuacións senlleiras de mellora do patrimonio rural”.

O período de vixencia do convenio é desde a súa sinatura, os pasados días, e ata o 31 de decembro de 2021. O prazo máximo para presentar a documentación xustificativa da actividade será o 30 de agosto de 2021.

O muíño dos Fernández, situado no Concello de Bóveda e vinculado ao núcleo do Souto que da orixe a esta vila, encadra na definición de muíño de río, conta cunha serie de peculiaridades e feitos diferenciais que fan da súa recuperación e posta en valor un proxecto senlleiro con identidade propia.

A súa importancia etnográfica, cultural e patrimonial como elemento identificativo da cultura rural de Galicia, xustifica, tal e como precisan deste Agader, o seu interese público e social.

Conxunto etnográfico do souto

Xunto con este proxecto, o Goberno local ten en marcha a rehabilitación do conxunto etnográfico do souto, en concreto a recuperación da ponte sobre o río Mao e o Camiño do Souto.

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, explica que este intervención integral na zona “pretende poñer en valor todos estes elementos e recuperar esta contorna privilexiada para o uso público”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...