HomesociedadeCamión de recollida de lixo e divulgación turística en Sober

Camión de recollida de lixo e divulgación turística en Sober

O Concello de Sober presentou o novo camión de recollida do lixo co obxectivo de mellorar o servizo da recollida municipal e que sirva ademais como unha nova plataforma turística do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vehículo foi rotulado con dúas grandes fotos da ribeira do río Sil ao seu paso por Doade, imaxes moi representativas do Concello, polo que, tal e como explica o  rexedor, Luis Fernández Guitián, “servirá como elemento dinamizador do turismo local”.

O contrato de servizos subscrito polo Goberno local coa empresa FCC inclúe a adquisición deste novo camión que vén de presentarse e que xa está en funcionamento. O Concello de Sober prevé incorporar novas melloras, como o reparto de máis contedores polo municipio e seguir coas campañas de sensibilización da recollida selectiva.

Características do camión de recollida

O novo camión tamén vai permitir mellorar o servizo ao incorporar moita máis carga e máis compactación, polo que recollerá máis cantidade de residuos en menos tempo.

O vehículo foi elixido seguindo tres premisas: mínimas emisións de son e de gases de escape, alta maniobrabilidade e optimización máxima de todas as condicións que impón a lei vixente, sobre todo a de circulación e a de seguridade e hixiene. 

Dispón ademais dun sistema de localización GPS de última xeración que permite a optimización das rutas de recollida, mellorando a eficiencia dos traballos e diminuíndo as emisións.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...