HomesociedadeOs días 24 e 31 Monforte recolle o lixo de 15 a...

Os días 24 e 31 Monforte recolle o lixo de 15 a 19 horas

O Concello de Monforte informa que os días de Noiteboa e de Fin de Ano haberá cambios no servizo de recollida do lixo, co obxectivo de permitirlles ós traballadores da empresa FCC, concesionaria da recollida, que poidan disfrutar desas datas festivas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os días 24 e 31 de decembro a recollida comezará ás 15 horas e rematará ás 19 horas. Este horario de recollida afectará tanto ó servizo de recollida de fracción resto coma ó servizo de recollida de cartón porta a porta no casco urbano de Monforte.

Por outra parte, os días 25 e 31 de decembro e o 6 de xaneiro a empresa de recollida de lixo realizará os servizos propios e habituais de domingos e festivos, reforzando o servizo de limpeza viaria con varrido mecanizado.  

Cómpre destacar que no caso dos domingos 23 e 30 de decembro, os traballadores non retirarán das rúas os cubos habilitados diariamente para a recollida de lixo. Esas dúas xornadas si se realizará a recollida de lixo, pero os cubos quedarán depositados na rúa ata o inicio da recollida dos días posteriores – o día de Noiteboa (día 24) e Fin de Ano (día 31 de decembro)- co obxectivo de axilizar as tarefas de recollida os mencionados días. 

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...