HomesociedadeMedio millón de euros para renovar a vía de alta capacidade de...

Medio millón de euros para renovar a vía de alta capacidade de Monforte

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de renovación do firme da vía de alta capacidade VG-2.1 en Monforte de Lemos, a estrada que conecta os dous corredores de acceso a Monforte procedentes de Nadela (Lugo) e Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A intervención, que contou cun orzamento de preto de medio millón de euros (491.274 euros) e afectou á totalidade do trazado, de 2,8 quilómetros de lonxitude. As obras consistiron no acondicionamento integral da capa de rodadura, para o que se procedeu ao fresado do firme existente en calzada e beiravías, e fresados localizados da capa intermedia nas zonas nas que se apreciou deformación. O novo pavimento presenta as mesmas características que o dos corredores que enlaza, de construción máis recente.

As actuacións executáronse tanto na vía principal como nos ramais de acceso, e incluíron outros labores complementarios, como a renovación da sinalización horizontal e balizamento ou a limpeza de cunetas.

A estrada mellora as condicións de adherencia e visibilidade, achegando maior seguridade para os usuarios da vía. O tráfico estimado da VG-2.1 supera os 3.700 vehículos ao día, do que máis do 8% corresponde a vehículos pesados.

Estes traballos forman parte do contrato das obras de mellora do firme en tres estradas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos, cun investimento autonómico de máis dun millón de euros.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...