HomesociedadeBrinde polo 2021 na contorna da Mesa dos Catro Cabaleiros

Brinde polo 2021 na contorna da Mesa dos Catro Cabaleiros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, o alcalde de Samos, Julio Gallego, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro e o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda (de dereita a esquerda), subiron este día de fin de ano ata as inmediacións da Mesa dos Catros Cabaleiros para comer as doce uvas cando o reloxo marcou o mediodía e facer un brinde por un ano 2021 cheo de saúde para todos e todas.

A neve non lles permitiu chegar ata arriba de todo, pero comprometéronse a volver cando o tempo mellore.

A rexedora do Courel agradece a implicación e colaboración da Asociación Fonte do Milagro, que mantén viva esta tradición e axuda cos seus preparativos e a súa realización.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...