HomesociedadeUn 'falso' aviso de cobro de recibos circula por Monforte

Un ‘falso’ aviso de cobro de recibos circula por Monforte

O Concello de Monforte emitiu un comunicado no que advirte a todas aquelas persoas que recibiran ou poidan recibir unha mensaxe deste tipo, que non lle fagan caso algún. Ao mesmo tempo poñerá estes feitos en coñecemento das autoridades competentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos tivo coñecemento rematando 2020 de que moitos monfortinos e monfortinas están a recibir unha mensaxe nos seus móbiles na que se lles notifica “un posible recibo do Concello de Monforte” con cargo á súa conta e “en base a recibos anteriores”, indicando incluso unha data concreta de cargo do mencionado recibo. Inmediatamente fixo chegar un comunicado informando a monfortinas e monfortinos de que dita información é totalmente falsa.

Lembran tamén que dende o concello non se utilizan este tipo de canles informativas para o envío deste tipo de mensaxes en relación coa notificación de recibos nin de cobros aos cidadáns monfortinos, polo que lle trasladan a todas aquelas persoas que recibiran ou poidan recibir unha mensaxe deste tipo, que non lle fagan caso algún, xa que con total seguridade trátase dunha “fake new” (noticia falsa).

Diante desta situación de certa alarma poñerán en coñecemento do departamento de delitos cibernéticos da autoridade competente estes feitos a fin de pescudar a orixe destas mensaxes falsas e actuar en consecuencia sobre os autores da mesma.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...