HomeComarca de QuirogaQuirogaOs Reis Magos chegan a Quiroga en descapotables

Os Reis Magos chegan a Quiroga en descapotables

O vindeiro martes, día 5, as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente achegaranse ata Quiroga. Será unha visita marcada por un protocolo anti-covid que fará que os nenos e nenas non se poidan achegar ás Súas Maxestades pero si poderán velos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás seis da tarde, partindo das inmediacións da Residencia da Terceira Idade recorrerán a rúa Real. Nesta ocasión non irán nas súas tradicionais carrozas, pero si   o farán nuns orixinais coches descapotables.

A comitiva pasará amodo para que todos os nenos que agarden nas beirarrúas, gardando a distancia de seguridade na medida do posible, os poidan ver. Ademais irán acompañados de tres paxes, un por cada rei, que provistos de guantes e utilizando continuamente xel desinfectante, entregaranlles a cada neno e nena unha bolsa de lambetadas.

Melchor, Gaspar e Baltasar, antes da cabalgata, terán tempo para entregarlle agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio, e de achegarse ata o Centro de Día e a Residencia da Terceira Idade, onde saudarán dende fóra aos residentes, posto que o protocolo anti-covid restrinxe a entrada nestes centros de maiores.

Ademais de ver aos tres Magos de Oriente os nenos quirogueses terán a oportunidade de facerlles chegar as súas cartas de peticións a través do buzón real, que está instalado dende o sábado ata o luns no Pavillón Municipal, coincidindo coa festa infantil con inchables e pista de patinaxe.   

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...