IniciosociedadeHaberá novas restricións para Reis?

Haberá novas restricións para Reis?

Galicia está actualmente cunha incidencia acumulada a 14 días de 190 positivos por 100.000 habitantes. "Estabamos a 183 o pasado martes. Efectivamente, iso é un incremento, pero é certo que tamén incrementa en toda España, que está en 279", sinala o Conselleiro de Sanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Sanidade volverá reunir este luns ao comité clínico, o seu máximo órgano asesor durante a pandemia do coronavirus, para revisar os datos de incidencia das últimas semanas e decidir se mantén ou amplía as restricións de cara ás celebracións do Día de Reis.

Sobre un posible endurecemento das restricións de cara a esa data, o titular de Sanidade, Julio García Comesaña, lembrou este domingo nunha entrevista na Cadena Ser que nas dúas últimas reunións do comité –para ratificar o protocolo de Noiteboa e de Fin de Ano– as cifras “non reflectían un incremento importante e por iso mantívose o criterio” de flexibilizar a mobilidadepara reunións familiares, pero insistiu que “nunca se descarta nada”.

Neste contexto, Comesaña recoñeceu que os datos preocupan “todas as veces que non baixan”, como ocorre nos últimos días, xa que Galicia está actualmente cunha incidencia acumulada a 14 días de 190 positivos por 100.000 habitantes. “Estabamos a 183 o pasado martes. Efectivamente, iso é un incremento, pero é certo que tamén incrementa en toda España, que está en 279”, engadiu.

O conselleiro non ve “especialmente malos” estes datos e achácaos non só a reencontros familiares, senón tamén ás “circunstancias ambientais” do inverno, que aumenta as reunións en espazos pechados.

Así, explicou que as decisións que vaia a adoptar este luns o comité clínico non se baseará “unicamente en datos obxectivos”, senón tamén “no que transmiten as xefaturas territoriais de cada provincia, as áreas sanitarias e os servizos de medicamento preventivo” en canto a variables como a presión hospitalaria ou o control dos brotes.

A RECOMENDACIÓN: SÓ NÚCLEOS DE CONVIVENCIA

En calquera caso, aínda que o comité clínico poida avalar unha relaxación de medidas para Reis, Julio García Comesaña insistiu en que a “clara” recomendación da Consellería volverá ser “pasar as festas cos núcleos de convivencia”.

Preguntado sobre por que isto non se blinda coa prohibición destas reunións, respondeu que a Xunta “entende a situación” despois de “moitos meses” de restricións e que ademais “hai persoas maiores que están soas”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...