A Covid-19 impediu que o Concello de Monforte puidese celebrar a súa tradicional cabalgata e recibir aos Reis Magos de Oriente na Casa do Concello. Aínda así, as Súas Maxestades quixeron deixar unha mensaxe de audio aos nenos e ás nenas desta cidade e as parroquias.
En Chantada estiveron unha ‘cabagata estática’, sendo a Praza do Cantón o lugar onde os Reis recibiron aos pequenos e pequenas. Dende as 17:00 ás 20:00 horas atenderon a distancia aos nenos e nenas escoitando as súas peticións e desexos.

Os Magos de Oriente visitaron tamén aos nenos e nenas nas súas aldeas do Concello de Folgoso do Courel.
A primeira hora foron recibidos no exterior do Concello pola alcaldesa, Lola Castro, e despois dirixíronse ás aldeas para visitar a todos os nenos e nenas e levarlles os seus presentes.
Tamén aproveitaron para facer a foto co cartel do Xeoparque, que hoxe amenceu nevado.
Reis no Xeoparque Coa alcaldesa de Folgoso do Courel / Fotos Prensa Concello
No Concello de Sober foron parroquia por parroquia para entregar agasallos aos nenos e nenas coa axuda de voluntarios de Protección Civil.
Percorreron todas as parroquias facendo 19 paradas en igrexas, campos da festa e locais sociais onde recibiron a todos os cativos e cativas que agardanban por eles.
Amandi Figueiroá Lobios Visita dos Reis a Arxemil / Fotos: Prensa Concello
Unha cabalgata curiosa tamén foi a que viviron no Concello de Quiroga onde os Reis de Oriente pasearon pola vila en coches descapotables. Melchor, Gaspar e Baltasar, antes da cabalgata, tiveron tempo tamén para entregarlle agasallos aos nenos máis desfavorecidos do municipio, e achegarse ata o Centro de Día e a Residencia da Terceira Idade, onde saudaron dende fóra aos residentes para evitar o contacto con eles por protocolo anti-covid.