HomeCulturaSober celebra os días 11 e 12 de agosto a XXIII Feira...

Sober celebra os días 11 e 12 de agosto a XXIII Feira da Rosca

Aproveitando esta celebración o Concello de Sober e Vinosacra.es organizan o Segundo Túnel do Viño Amandi

Publicado o

- Advertisement -

As actividades da Feira da Rosca, o mel e otros produtos da Ribeira Sacra comezarán o sábado día 11 ás 19.30 h. cun showcooking a cargo do chef Carlos Javier González, a cita será no salón de actos do centro sociocultural baixo o nome “A rosca de Sober no restaurante”. Ás 21:00 h. farase a apertura dos 16 postos participantes (rosqueiros, oleiros, produtores de mel, artesáns, queixeiros e produtores artesanais de castañas e derivados). Ás 22:00 actuará o grupo ‘Vai en concerto’ e ás 23:00 h. terá lugar unha degustación de balde de rosca con licor café e mel.

Xa o domingo os postos da feira abrirán ás 10.15 h. Nesa xornada contarase con demostración de cestería en vivo, espectáculo de teatro de rúa, actuación do grupo de música tradicional ‘Os Valuros’ e ás 13:00 h. será a quenda da degustación de balde de 2.000 racións de rosca con queixo.

II Túnel do Viño Amandi

Aproveitando a XXIII Feira da Rosca celebrase o II Túnel do Viño Amandi, un evento no que degustar os viños da subzona de Amandi. O Túnel do Viño inaugurarase o sábado día 11 ás 11.30 h., contando coa participación de máis de 30 adegas con máis de 50 referencias. Unha oportunidade única de coñecer os viños de Amandi e Sober da man de sumilleres profesionais.

A carpa do Túnel do Viño estará aberta o sábado en horario de 11:30 a 14:30 h. e de 17:00 a 19:30 h. e o domingo de 11:30 a 14:30 h.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a tod@s a participar destas citas que recollen  o mellor da gastronomía e do viño do concello.

ÚLTIMAS

A D.O. Ribeira Sacra presente no Salón Gourmets de Madrid

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará un ano máis no...

675.000€ para a mellora de estradas provinciais en Chantada en Taboada

Na Ribeira Sacra, a Deputación investirá 345.804,51€ para actuar nos seis primeros quilómetros da...

Chantada acolle as primeiras Olimpíadas Galegas do envellecemento saudable

Este xoves tivo lugar en Chantada a presentación das I Olimpíadas do Envellecemento Saudable,...

O Conservatorio Municipal de Música de Monforte celebra o seu 25 aniversario desde este 10 de abril

Durante a presentación do programa, o alcalde, José Tomé Roca, repasou a historia deste...