IniciosociedadeNovas restricións por mor da Covid19 nas instalacións municipais de Monforte

Novas restricións por mor da Covid19 nas instalacións municipais de Monforte

Desde o concello de Monforte comunícase á veciñanza as novas medidas que afectan especialmente as actividades desenvoltas na Feira do Mercado Gandeiro, no Cemiterio Municipal ou no Bus Urbano, que son os tres ámbitos nos que a normativa supón cambios con respecto ás medidas anteriores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tanto nestes espazos, coma no resto de instalacións municipais, o Concello ten colocado o correspondente cartel informativo no que se inclúen as normas de uso, de hixiene, de uso obrigatorio de máscara, de distanciamento social e o aforo máximo permitido en cada caso.

Feira do Mercado Gandeiro de Monforte

A Feira do Mercado Gandeiro de Monforte, que se celebra os días 6 e 24 de cada mes, abrirá coas seguintes restricións:

  • Limitación do aforo da Feira: 50% da súa capacidade.
  • Terán preferencia os postos relacionados cos produtos de primeira necesidade (alimentación), accedendo ó recinto feiral o resto de postos por orde de chegada, ata completar o aforo indicado do 50%.
  • No caso dos postos de polbo, estará permitido que poidan vendelo para levar ou para consumir in situ. No caso do consumo na propia Feira, as normas que se aplicarán son as establecidas para a hostalería. Dado que as mesas dos postos de polbo se ubican dentro das naves do Mercado Gandeiro, por ser espazo interior, o aforo será do 30%, non haberá servizo de barra, o polbo haberá que comelo sentado e en grupos de máximo 4 persoas.

Cemiterio Municipal

No caso do Cemiterio Municipal a regulación afecta a enterros e velorios:

  • Enterros: Un máximo de 25 persoas e a maiores o ministro de culto correspondente.
  • Velorios: Un máximo de 25 persoas en exterior e un máximo de 10 personas en interior.

Bus Urbano

O Bus Urbano de Monforte, que é un servizo municipal de uso gratuíto, tamén contempla modificacións en canto ó seu aforo:

  • Pódense utilizar todos os asentos, debendo manterse a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.
  • Só poden ir de pé unha sexta parte das súas prazas, o cal supón 2 persoas como máximo de pé.
  • Pódense utilizar todos os asentos, debendo manterse a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.
  • Só poden ir de pé unha sexta parte das súas prazas, o cal supón 2 persoas como máximo de pé.

Outras instalacións municipais

Nos parques infantís municipais, segue vixente a normativa establecida ata o momento, a cal está especificada en carteis informativos situados á entrada de cada parque infantil. En todo caso, a actual normativa establece o acceso de unha persoa por cada 4 metros cadrados.

Na Piscina municipal o aforo máximo é do 50% da capacidade total. En canto ós horarios de peche, a Piscina de Monforte ata o de agora pechaba ás 11 da noite. Debido ó adiantamento do toque de queda para as 22:00 horas, o peche da piscina producirase nese horario. Respecto da Cafetería da Piscina, seguirá o mesmo regulamento establecido para locais de hostalería.

No resto de instalacións deportivas municipais, tal e como estaba establecido na normativa previa ás últimas restricións establecidas, so se permite a actividade federada, e esta non se ve afectada polas novas normas.

Para as actividades culturais que o Concello desenvolve tanto na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro como no Edificio Multiusos, establécese unha distancia de 1,5 metros entre asistentes sentados. O aforo máximo na Casa da Cultura é de 50 persoas e no Multiusos de 120 persoas. 

Alcalde informa que dende o Concello instaláronse carteis informativos coas normas específicas para cada instalación municipal así como os protocolos de seguridade establecidos de acordo coas indicaciónsdeterminadas polas Autoridades Sanitarias.  O rexedor municipal pide ós cidadáns que sigan en todo momento as recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias a fin de paliar, coa colaboración de todos e todas, os efectos desta pandemia.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...