HomesociedadeComenzan as obras de peonalización de Abelardo Baanante e praza Dr. Goyanes...

Comenzan as obras de peonalización de Abelardo Baanante e praza Dr. Goyanes de Monforte

O luns, 18 de xaneiro, está previsto que dean comezo as obras de dous proxectos no casco histórico da cidade, en concreto na Praza de Dr. Goyanes, e na rúa Abelardo Baanante, rúa que será peonalizada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para ambos proxectos, o Concello dispuxo dunha inversión que supera os 182.000 euros, en concreto, 182.429,22 euros. As obras na rúa Abelardo Baanante foron adxudicadas á empresa Explotacións Medioambientais por un importe de 95.515,20 euros, e a mellora da praza de Dr. Goyanes foi adxudicada á empresa Ocisat por unha contía de 86.914,02 euros.

ABELARDO BAANANTE: Eliminación de barreiras arquitectónicas, renovación do pavimento e peonalización.

Renovarase o pavimento actual de cemento por un novo de granito, adaptarase a súa contorna e eliminaranse barreiras arquitectónicas. Ademais, con estas actuacións de mellora, procederase á peonalización da rúa, logo do informe favorable da Policía Local, e á renovación das escaleiras que levan ata a igrexa da Régoa.

Cando o Alcalde deu a coñecer este proxecto sinalou que “aproveitaremos para gravar nunha das lousas de dita rúa Abelardo Baanante o nome de Consuelo Alonso, persoa que o Concello homenaxeou recentemente por ser represaliada inxustamente durante a Guerra Civil”.

PRAZA DO DR. GOYANES: Eliminación de barreiras, reordenación e renovación do pavimento 

As obras que acometen o Concello na praza do Dr Goyanes suporán a renovación do seu pavimento, dado que se trata dunha praza singular na trama urbana da cidade, que articula as rúas do Comercio, Dr. Casares, o Malecón, a rúa das Hortas, a Ponte Vella, Armando Cotarelo e Abelardo Baanante, estando unida en total a 6 rúas.

Cando deu a coñecer este proxecto, o Alcalde informou de que “as obras que se levarán a cabo, buscarán devolverlle o carácter de pequena praza recuperando a continuidade da rasante sen desniveis nin muros ou escaleiras que rompan a súa continuidade. Para conseguir isto, faise preciso levantar o actual pavimento para xerar esta nova topografía que queremos acadar para a praza, quedando totalmente diáfana, semellante á Praza de España, e humanizándoa, coa colocación tamén de diversos bancos e árbores”.

Obxectivos

  • Mellorar as condicións de estancia no ámbito da praza.
  • Eliminar as barreiras arquitectónicas existentes no pavimento e dotar de continuidade ao itinerario peonil conforme ó vixente código de accesibilidade.
  • A utilización de materiais acordes co carácter histórico da praza e a súa consideración de BIC dentro do casco Histórico de Monforte.

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...