HomesociedadeConferencia "Picar en óso" no IES A Pinguela

Conferencia “Picar en óso” no IES A Pinguela

A conferencia correu por conta dunha colaboradora habitual do centro; a doutora en Veterinaria, Patricia Fernández de Trocóniz Revuelta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Patricia Fernández de Trocóniz Revuelta, doctora en Veterinaria e profesora titular de Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas da Facultade de Veterinaria de Lugo, adoita colaborar co IES A Pinguela de Monforte. A semana pasada pechouna cunha charla neste centro.

O alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias con Bioloxía asistiu a unha conferencia sobre o sistema óseo dos mamíferos que titulou “Picar en óso” e na que fixo un recorrido polos esqueletos humanos e animais
para  explicar as diferentes características dos distintos tipos de ósos e
moitas curiosidades sobre as súas diferentes funcións.

Os alumnos puideron coñecer distintas pezas de cabras, ciervos e cabalos, lobos e cans xigantes, vacas, baleas, cachalotes… e pezas de cánidos danadas por cánceres óseos e rupturas mal soldadas, entre outras.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...