HomesociedadeCal é a situación dos casos activos no sur da provincia e...

Cal é a situación dos casos activos no sur da provincia e os seus centros de ensino?

Segue aumentando o número de positivos por coronavirus en Monforte ata chegar aos 68, 11 máis ca onte. Tamén aumentan os casos en Quiroga pasando de 17 a 26 casos. Chantada mantense con 28 casos activos; hai 11 en Bóveda e no resto dos concellos da comarca de Lemos non se superan os 9 casos activos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Monforte, unha parte importante dos casos positivos corresponden a estudantes dos centros de ensino de Monforte. No IES Río Cabe con 7 alumnos contaxiados, Sanidade está a facer un cribado a un cento de estudantes, alumnos de BAC e ESO, que teñen que pasar polo Hospital de Monforte para facerse as probas. Entre os institutos o único que, polo momento, non presenta casos positivos é o IES A Pinguela; mentres que o IES Daviña Rey conta con 2 casos positivos.

máscara / XdL

En canto aos colexios, a Subdirección do CPR Ferroviario comunica 4 casos activos entre o alumnado de infantil e secundaria. Os positivos están en corentena e de momento non se pechou ningunha clase. No Colexio Novo a directora confirmou que non teñen alumnos positivos, si dous profesores que deron positivo e están confinados, como o seus respectivos alumnos como marca o protocolo. Na Gándara, despois dos 2 positivos da semana pasada confináronse os contactos directos, 10 alumnos cuxas probas deron negativo; polo que o centro non conta agora con ningún positivo. Pola súa banda o Torre de Lemos conta cun caso positivo. En liñas xerais, os centros de ensino coinciden en sinalar que os alumnos positivos veñen contaxiados da casa, cumprindo nos centros con todos os protocolos antiCovid.

A provincia conta este mércores con 1.273 casos activos, 63 máis ca onte; 37 hospitalizados e 8 na UCI. Súmanse desde o inicio da pandemia 157 falecidos; no Hospital de Monforte finaba este martes unha muller de 84 anos ingresada con Covid. 

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...