HomesociedadeO Saviñao dá a benvida

O Saviñao dá a benvida

O Saviñao súmase á tendencia europea e coloca letras de benvida na rotonda do polígono industrial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde, Carlos Armesto, sinala que a instalación das letras de benvida no Saviñao responde “a unha iniciativa propia que promociona o noso municipio do que nos sentimos tan orgullosos”. 

“O Saviñao dá así un salto cualitativo na potenciación da nosa imaxe de cara a nós mesmos e aos que se acheguen. Somos unha zona en auxe, coa candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, polo que, dende o goberno local, non queremos quedarnos atrás, senón arrimar o ombro dentro das nosas posibilidades para ser un reclamo de cara ao exterior”, destaca o rexedor municipal.

Aqueles que se acheguen ata O Saviñao poden ver esta nova imaxe, que acada o seu maior esplendor de noite, que é cando se iluminan as letras.

ÚLTIMAS

Tres novos vehículos para dar servizo ás zonas rurais da Pobra do Brollón

Os novos vehículos son dúas pick up e un todocamiño que están xa a...

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...