IniciosociedadeMonforte renova as papeleiras urbanas a partir deste luns

Monforte renova as papeleiras urbanas a partir deste luns

Este luns, 1 de febreiro, está previsto que o Concello poña en marcha o plan para a renovación de papeleiras ó longo de toda a cidade. En total, instalaranse en toda a cidade 297 papeleiras, entre novas e reubicadas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este plan de renovación das papeleiras urbanas de Monforte, inclúese dentro das actuacións de mellora previstas tras a renovación do contrato subscrito polo Concello coa empresa FCC Medio Ambiente para a recollida e transporte de residuos urbanos e limpeza viaria do municipio.

Para a renovación deste mobiliario urbano, prevese unha inversión de algo máis de 43.000 euros (43.038 €) e o proceso de instalación das novas papeleiras dará comezo este luns. A duración prevista dos traballos de instalación das novas papeleiras é de 4 semanas.

Con este plan unifícanse os modelos de papeleiras existentes na cidade, xa que unha vez rematado o proceso de instalación e renovación, quedarán 2 modelos de papeleiras principais. Esta unificación supón unha mellora na calidade urbana, ó uniformizar un elemento de grande importancia no mobiliario urbano da cidade, que é utilizado a diario por parte dos cidadáns monfortinos.

Deste xeito, o Concello instalará no centro histórico un modelo de papeleira ornamental, denominada Papeleira Milenium 80L, de fundición de aluminio acorde coa singularidade do entorno e que está decorada co escudo oficial do Concello de Monforte. Estas papeleiras contan cunha maior capacidade que as existentes, incrementándose o volume útil de 50 a 80 litros.

En concreto, instalaranse 69 unidades de papeleira ornamental Milenium 80L en todo o casco histórico, como son as rúas peonís do centro, a praza Campo de San Antonio, a zona de San Vicente e o Campo da Compañía.  

No resto da cidade, o modelo unificado de papeleira que se instalará será o Millenium 50L, que dispón dunha boca de acceso reducida para evitar o depósito de bolsas de lixo. Deste modelo instalaranse 173 unidades novas e reubicaranse outras 55 unidades das retiradas das ubicacións nas que se instalarán papeleiras do modelo Milenium 80L. 

No Parque dos Condes, manteranse e adecuaranse as papeleiras de madeira existentes. Nas rúas Duquesa e Estrela, manteranse as papeleiras que foron colocadas nas obras de renovación realizadas recentemente en ditas rúas, e tamén se manterán as papeleiras na ruá Reboredo, que son do mesmo modelo que as da rúa Duquesa, mantendo así a estética desa zona da cidade.

“Con este plan”, asegura o Alcalde “dende o Concello retiraremos da cidade papeleiras de moita antigüidade, que contan cunha boca para o depósito de tamaño excesivamente grande, o que facilitaba nelas o depósito inadecuado de bolsas de lixo. Do mesmo xeito, incrementaremos a eficiencia no mantemento das papeleiras, xa que o Concello contará cun stock uniforme para subsanar posibles avarías ou reposicións provocadas por actos vandálicos, mellorando a operatividade e a calidade do servizo para todos os monfortinos e monfortinas”.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...