HomesociedadeBaixan os casos positivos en Quiroga e comeza o cribado no concello

Baixan os casos positivos en Quiroga e comeza o cribado no concello

Tras informar de 121 este pasado domingo, hoxe o número baixa a 119 casos activos no concello. Estes datos coñécense o mesmo día que en Quiroga comeza a realizarse o cribado masivo a 500 veciños e veciñas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a continua subida de casos dende o pasado 17 de xaneiro, os casos chegaron este domingo a sumar 121 casos activos de Covid-19, o que supón unha incidencia de máis de 3.800 casos por cada cen mil habitantes. Un dato moi preocupante que sitúa a Quiroga entre os concellos con maior incidencia de todo o estado, segundo informou tamén a propia Televisión de Galicia na xornada dominical.

Agora ben, os datos actualizados informan dunha baixada de dous casos, co cal agora son 119 os casos activos no concello, feito que abre a porta á esperanza para que a incidencia vaia remitindo ao longo da semana.

Segundo informa a RTMQ (Radio e Televisión Municipal de Quiroga) este luns, día 1 de febreiro, os novos datos “indican que xa chegamos no pico da pandemia e incluso comezamos a descender”. 

Estes datos coñécense o mesmo día que en Quiroga comeza a realizarse o cribado masivo a 500 veciños e veciñas. Esta tarde, a partir das 15:00 h. dous equipos da consellería desprazaranse ata a o centro médico para realizar aos test de antíxenos a aqueles quirogueses de entre 30 e 70 anos que previamente recibiran unha mensaxe citándoos a unha hora concreta. Na xornada de hoxe son cen as persoas citadas.

Tamén esta mañá se abrían as dúas aulas pechadas no Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga por ter alumnos positivos en contacto cos demais nenos da súa clase. A dirección do centro pedía o venres ao seu alumnado que volvera a clase, tras acudir unha mínima parte durante a semana. Dos máis de 160 alumnos matriculados, durante a semana foron menos de vinte os alumnos que acudiron ao centro.

Dende o centro educativo recordábanlles que en primaria é obrigatorio o acudir diariamente as clases e que soamente teñen a obriga de atender virtualmente aos alumnos que estean enfermos ou e corentena.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...