Homesociedade3 millóns de euros a 166 viticultores para reconversión varietal das viñas

3 millóns de euros a 166 viticultores para reconversión varietal das viñas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a relación das persoas beneficiarias das axudas que convoca a Consellería do Medio Rural aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. En total son 166 viticultores, 16 deles da Ribeira Sacra, os que recibirán preto de tres millóns de euros para desenvolver accións que permitan reordenar e mellorar a produción vinícola galega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A superficie de viñedo na que se vai actuar grazas a estas subvencións é de case 290 hectáreas. Por provincias, a maior parte corresponde a Pontevedra, con 123,5 hectáreas e 62 persoas beneficiarias. Séguelle Ourense con 92 hectáreas e 78 persoas beneficiarias. Na Coruña reestruturaranse 51,7 hectáreas de 12 persoas e en Lugo 21,9 hectáreas e 14 beneficiarios. Por zonas vitícolas, o maior número de persoas beneficiarias corresponde á Denominación de Orixe Rías Baixas (73), logo a de Valdeorras (29), seguida do Ribeiro (25), Ribeira Sacra (16) e Monterrei (22). Así mesmo a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ribeiras do Morrazo cunha persoa beneficiaria.

Os principais obxectivos destas axudas son levar a cabo reaxustes estruturais que fagan diminuír os sobrecustos de produción das explotacións vitícolas de Galicia, onde predomina o minifundio. Ademais, conséguese a mellora das técnicas de xestión das viñas e reconversións varietais para optimizar a súa orientación ao mercado, adaptando as producións á demanda, á vez que se preservan as variedades viníferas autóctonas da nosa comunidade. Deste xeito, aprovéitase a elevada calidade diferenciada da uva como vantaxe competitiva nun mercado cada vez máis globalizado

Estas achegas aumentan o grao de profesionalización do sector vitícola galego, á vez que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente viable, facilitando o acceso ás explotacións das persoas viticultoras mozas e capacitadas, en particular das mulleres viticultoras.

O enlace á resolución no DOG.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...