HomesociedadeA Pobra do Brollón recibe material do IES Daviña Rey

A Pobra do Brollón recibe material do IES Daviña Rey

O CEIP da Pobra do Brollón está adscrito a este IES de Monforte, que recibe aos estudantes da Pobra cando rematan a Educación Primaria. Este centro vén de entregar material escolar e informático para apoiar ao alumnado deste municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, reuniuse o pasado venres coa educadora familiar Mónica Carballo e a xefa do Departamento de Orientación do Daviña Rey, Nieves Domínguez. O alcalde manifestou o seu agradecemento pola mediación na cesión de recursos que cheguen ao alumnado e  familias desta localidade.

Foron varias as  achegas do instituto monfortino cara ao alumnado da Pobra a través de Servizos Sociais do Concello. Entre estas achegas inclúese material sanitario como máscaras, e tamén, a través da ANPA do Daviña Rei presidida por Jesús Miguel Domínguez, material escolar para familias desfavorecidas.  

Durante a reunión, o alcalde e a educadora coincidiron ca Orientadora na oportunidade que ofrece a colaboración entre institucións locais para fomentar o desenvolvemento rural e fixar aos habitantes máis novos.  

O IES Daviña Rey, ademais de ensinanzas de ESO e Bacharelato, ten unha ampla oferta de ciclos de formación profesional das familias de Sanidade, Servizos á Comunidade, Electricidade e electrónica e Transporte e mantemento de vehículos, ademais de cursos online para adultos a través da Aula Mentor.  

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...