HomesociedadeMonforte dobre cribado, no IES Río Cabe e no municipio

Monforte dobre cribado, no IES Río Cabe e no municipio

O Sergas comeza este venres co cribado en Monforte mediante PCR de mostras de saliva e no IES Río cabe farase o sábado pola mañá un cribado a todo o persoal do centro mediante PCR nasofarínxea.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xerente da EOXI, Ramón Ares, acaba de anunciar este xoves, 4 de ferebeiro, que o SERGAS desenvolverá en Monforte, ademais do cribado do municipio de 4.500 persoas; un cribado a todo o persoal do IES Río Cabe, que recentemente presentaba un alto número de positivos.

As probas no IES Río Cabe faranse este sábado pola mañá no polideportivo e no ximnasio do instituto en colaboración co centro. Realizaranse PCRs para mostras nasofarínxeas a case 450 persoas entre alumnos e profesores. Os resultados que se coñecerán 48 horas despois comunicaranse aos casos positivos para que inicien corentena.

O cribado que se fará á poboación do municipio terá lugar entre as 9.00 e as 19.30 deste venres e deste sábado. As 4.500 persoas citadas recibirán o material e as explicacións para realizar unha PCR de mostras de saliva. As probas deberanse facer o domingo, 7 de febreiro, ao se levantar e sen almozar, para entregalas de novo, na área habilitada para o cribado na Pinguela, o domingo entre as 9.00 e as 12.00 da mañá.

As persoas de Monforte de entre 20 e 60 anos que teñan recibido por SMS a invitación para participar no cribado terán que presentarse na área habilitada na Pinguela no día e hora sinalados. Aquí, persoal do Hospital de Monforte e do HULA, organizados en 4 equipos, irán atendendo aos citados para informarlles dos pasos a seguir. Estímase que se adicará un minuto e medio a cada persoa de cara a poder atender ás 4.500 persoas invitadas.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...