HomesociedadeConde destaca en Lemos a importancia da modernización industrial como garante de...

Conde destaca en Lemos a importancia da modernización industrial como garante de emprego e cohesión

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo este venres un encontro en Monforte de Lemos coa Asociación de empresarios O Castelo, onde destacou a importancia da modernización industrial como garante da creación de emprego e da cohesión territorial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na reunión cos empresarios monfortinos, Conde fixo fincapé en que a recuperación só é posible se a Administración, axentes sociais e económicos camiños xuntos, apostando polo diálogo e a colaboración. No encontro, no que lle trasladaron diferentes propostas, o vicepresidente económico achegou información sobre as liñas de apoio abertas pola Administración autonómica en eidos como o financiamento, a eficiencia enerxética ou a internacionalización. 

O responsable de Economía, Empresa e Innovación destacou que este tipo de xuntanzas permiten coñecer a situación actual na comarca a nivel empresarial, as novas iniciativas que se están a desenvolver e ver como poder atender as necesidades neste eido para facer fronte ao impacto da pandemia, así como traballar de cara a futuro para identificar proxectos que se poidan dinamizar a través dos fondos europeos Next Generation

Neste ámbito, lembrou que a Xunta destinará este ano oito millóns a bonificar a compra das 545 parcelas dispoñibles nos seus parques empresariais. No tocante ao solo correspondente ao concurso de venda empresarial de Xestur que se activará proximamente, estarán dispoñibles no porto seco 10 parcelas que suman 35.444 metros cadrados, e en Bóveda seis cun total de 4.643 metros cadrados. En ambos casos, cunha bonificación do 50% sobre o prezo de venda, a máxima dispoñible.

Colaboración co Concello de Bóveda

Conde tamén manten unha xuntanza co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, con quen aborda distintas vías de colaboración para seguir a dinamizar o tecido empresarial local. Conde trasládalle información sobre os apoios cos que conta a Consellería para axudar aos concellos na mellora de parques empresariais e a creación de viveiros industriais. 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...