HomesociedadeAnpas do rural unidas nun berro de dignidade

Anpas do rural unidas nun berro de dignidade

As ANPAs de Baamonde, Folgoso do Courel, Navia de Suarna e Baralla, únense na plataforma Anpas do Rural unidas nun berro de dignidade coa intención de dar visibilidade a un problema común, o contínuo goteo de peche de servizos que empeza a poñer en perigo a pervivencia da poboación no rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta plataforma nace co afán de colaborar, na medida do posible, na divulgación da súa realidade fronte ó relato da Xunta, que por outro lado admite que son “xestoras alleas á realidade da nosa terra quen está deseñando as medidas a tomar nela. ¿Como vai una xestora de Madrid ou mesmo de Santiago coñecer, dende o seu despacho, a realidade da Montaña de Lugo ou da Terra Cha ?”, sinalan as Anpas.

Nun comunicado remitido polas Anpas afirman, “Mentres que os nosos políticos firman coa man dereita a lei de impulso demográfico, coa esquerda seguen pechando máis e máis colexios coma o de Baamonde, e os que manteñen abertos precarízanos tanto que se volven inviables, coma no caso do Courel, Navia e Baralla en que o recorte no transporte obriga aos nenos e nenas a pasar interminables horas de autobús por zonas de difícil acceso para estes vehículos. “

As Anpas queren insistir nas seguintes cuestións:

-Os nenos e nenas do rural levan anos perdendo servizos e considerados números. Cando á consellería non lle dan os números para manter un servizo no rural, en vez de fomentar políticas activas de incentivo da poboación limítase a pechar o servizo de maneira que afonda no despoboamento.

-Invertir en educación non pode considerarse un gasto. Para os  nosos representantes públicos a educación é un gasto e polo tanto a súa intención sempre é minimizalo.

-O tempo libre dos nosos fillos e fillas non o pode xestionar nin a Xunta nin a empresa de transporte. As modificacións no transporte da montaña de Lugo alongan as rutas escolares ata una hora, isto dúas veces ao día fai que os nenos e nenas pasen dúas horas no autobús para algo tan básico como a súa escolarización.

– Non ao peche dos colexios no rural. Nada pode xustificar o peche dun colexio na zona rural posto que ninguha outra actividade é tan importante coma ésta. Isto esta a pasar hoxe en Baamonde onde se pretende pechar o colexio para abrir  un conservatorio de música privado, condenando a  trinta nenos e nenas ó desarraigo baixo a premisa, según palabras do propio alcalde, que total tarde ou cedo o rural vai ir a menos.

O fin da escola é o inicio do fin das comunidades rurais, e, polo tanto, de quen mantén os nosos bosques limpos, camiños transitables, mantén a fala, en fin, quen leva séculos debuxando a nosa paisaxe e é reservorio dunha parte esencial da nosa cultura colectiva.

As Anpas finalizan así o seu comunicado,”Por todo isto unímonos nun berro. Galiza é  moito máis que 7 cidades. Non deixedes afogar este berro, mañá pode ser tarde para moitos nenos e nenas do rural.”

ÚLTIMAS

Taboada enxalza a cultura do viño do 23 ao 24 de maio nunha nova edición de Raizames

Durante tres días desenvolveranse distintas actividades de dina,mización, como catas e degustacións; a proxección...

O Concello de Sober patrocinará un proxecto alpinista que promocionará a Ribeira Sacra

O Concello de Sober vén de asinar días atrás un acordo de colaboración en...

Éxito total no arrinque das xornadas enogastroturísticas ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, baixo o nome de Marida Maio, comezaron este...

Taboada e Chantada homenaxean ás cantareiras esta fin de semana

Este sábado 17, día propio das Letras Galegas, o Concello de Taboada organiza unha...