HomesociedadeNingún positivo no cribado de Sarria, un positivo no de Quiroga

Ningún positivo no cribado de Sarria, un positivo no de Quiroga

O Sergas vén de dar a coñecer os resultados dos cribados masivos desenvoltos desde comezo de mes en Quiroga e Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No concello de Quiroga citouse a 469 persoas para facer voluntariamente esta proba de detección de casos asintomáticos. Houbo unha participación do 68,2 % presentándose 320 persoas, das que só unha deu resultado positivo, o que supón un 0,31% de positividade. Xa o 1 de febreiro, cando comezaban as probas, os casos activos neste concello estaban diminuíndo despois da alta incidencia dos días anteriores.

No concello de Sarria as persoas citadas foron 1.484 e acudiron 1.117, chegando a unha participación do 75,26% e os resultados foron de ninún positivo.

Das PCRS realizadas na área sanitaria de Lugo nas últimas 24 horas confirmáronse 50 novos positivos, fronte ao máis dun cento de onte. Rexístranse na provincia un total de 1.767 casos activos de coronavirus; isto é, 96 menos ca os contabilizados onte. O Hospital Comarcal de Monforte mantén 19 persoas hospitalizadas con diagnóstico de Covid.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...