IniciosociedadeConstituída a Xestora da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Monforte

Constituída a Xestora da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Monforte

Todas aquelas persoas interesadas en formar parte desta Agrupación de Voluntarios poden solicitalo cubrindo a correspondente instancia e presentándoa no Rexistro xeral do Concello de Monforte ou a través da Sede Electrónica municipal, durante un prazo de tres meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, día 10, quedou constituída a Xestora da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Monforte, para dar así cumprimento ó acordado no Pleno da Corporación Municipal do 27 de xullo de 2020, no que se aprobou o novo regulamento da Agrupación municipal de Protección Civil. Iníciase así o funcionamento da nova Agrupación de Voluntarios  de Protección Civil, adaptada á nova normativa.

Na xuntanza estiveron presentes o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a 1ª Tenente de Alcalde e responsable de persoal, Gloria Prada Rodríguez, o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle Cillero, así como as persoas designadas para traballar na Xestora:

  • Presidente: Tomás Losada González
  • Secretario: Manuel Fernández Álvarez
  • Tesoureiro: Dositeo Piñeiro Rodríguez
  • Vogais: 
    • Pablo García Freire
    • Carlos García Expósito
    • Antonio Iglesias Rodríguez

A Xestora traballará para organizar o funcionamento da futura Agrupación, e unha vez concluída esta fase, procederá a celebrarse unha asemblea para a elección da nova directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil monfortina, unha vez superado o período de solicitude de pertenza a dita Agrupación.

Tal e como recolle o seu Regulamento, o cometido da futura Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Monforte é, en coordinación co Concello, “garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección das persoas e bens ante os danos que sexan producidos por situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública, sen esquecer todo tipo de emerxencias menores, mediante actuacións que permitan evitar as mesmas, reducir os seus efectos, reparar os danos e, no seu caso, contribuír a corrixir as causas produtoras das mesmas”.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...