Homesociedade"Que non se repitan os erros de casos activos como no PAI...

“Que non se repitan os erros de casos activos como no PAI de Sober”, demandan usuarios do centro

Unha ducia de nais e pais do alumnado do PAI de Sober, afectado por un gromo de Covid, vén de enviar un escrito na Dirección Xeral de Saúde Publica denunciando a situación vivida neste punto de atención á infancia, co obxectivo de que non se repita noutros centros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As familias afectadas aseguran estar nunha situación de malestar e nerviosismo “por non ser informadas debidamente. Neste momento seguimos comprobando que non aparece nos datos da Xunta este gromo iniciado o día 1 de febreiro, senon que parecen casos illados.”

O día 1 de febreiro de 2021 detectouse un positivo dunha traballadora do Punto de Atención á Infancia do Concello de Sober. O centro pechou de xeito inmediato e a recomendación que se trasladou ás familias foi agardar na casa ata que chamaran para a realización de PCR, confinándose un/unha proxenitor/a por cada neno/a.

Cada unha das familias foi chamada para a realización da PCR ao alumnado, realizadas o 3 de febreiro no Hospital de Monforte. Segundo se recolle no escrito “Ás persoas que deron positivo fíxoselles seguimento (aínda que algunha non constaba e tivo que chamar a Pediatría para dar de alta o positivo), pero non ás que deron negativo, que para coñecer o resultado das probas tiveron que chamar elas mesmas ás persoas rastrexadoras.”

“Chegado o día 11 de febreiro, ante a evidencia de que ás persoas con PCR negativa non nos chamarían para segunda PCR, establecerons os seguintes contactos:

Central de Seguimento de Contactos (CSC), que nos indicaron que non tiñan constancia das persoas con PCR negativa do P.A.I. de Sober.

– Xefatura Territorial de Sanidade, que indica que as persoas con PCR negativa non teñen que facer segunda PCR, que só no caso de ter síntomas cada persoa debe contactar con Atención Primaria ou Pediatría. Pero, non obstante, esto contradí as indicacións que nos deran ao inicio e o propio protocolo.”

Segundo as persoas afectadas, o erro está en que só consideraron como casos os que deron positivo na primeira PCR, tratando aos demais como casos individuais cando se trataba dun gromo, non casos individuais. Aseguranque houbo un problema no traslado de información xa que o PAI de Sober non constaba este día 13 como centro con casos de COVID.

Nesta situación os afectados coñeceron a través de Epidemioloxía de Lugo que os chamarían para segunda PCR, que se fixo o día 12 de febreiro, coñecendo este sábado, 13 de febreiro, os resultados.

Proba de COVID19 | ALX

Segundo as contas deste colectivo, de 6 casos iniciais en traballadoras e alumnado pasouse a 12, “e iso só tendo en conta persoal e alumnado do centro, non casos derivados destes contaxios en persoas familiares. Aquí, fíxose evidente que, de non terse feito as segundas PCR habería asintomáticos con capacidade de contaxio, pois os 14 días de corentena rematarían o domingo día 14.”

Os afectados consideran prioritario corrixir os erros que poideran facer que esta situación se repita e cren que a Xunta debe:

  • Trasladar inmediatamente os datos de contaxios do PAI de Sober, incluíndoo como centro con casos de COVID.
  • Detectar onde estivo o fallo de comunicación e de protocolo no caso do gromo do P.A.I. de Sober, para que non volva repetirse.
  • Aclarar os puntos dubidosos do protocolo de actuación ante a detección dun caso en centros de atención á infancia (punto 5 do Protocolo COVID), así como as medidas xerais. Particularmente:

Ter un mecanismo de comprobación para garantir que se recepciona correctamente a información do centro na Xefatura Territorial de Sanidade e na Central de Seguimento de Contactos.

Garantir que un/unha persoa proxenitora ou titora por cada alumno/a afectado/a poida estar gardando a corentena de 14 días, coa concesión de baixa laboral, no caso de persoas traballadoras (garantir a baixa laboral aínda que o neno ou nena teñan PCR negativa, pois teñen que gardar igual corentena ata 14 días ou nova PCR negativa).

Realizar sempre a segunda PCR a todos os contactos que teñen a consideración de estreitos.

Ter en conta as circunstancias especiais que poidan rodear un gromo e que sexan factores de expansión; concretamente, no caso de contaxios en centros infantís, debera recomendarse a irmáns e irmás deste alumnado de infantil ter precaución e considerar que non asistan á respectiva aula ata que se confirme o negativo.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...

Esperta Monforte solicita a creación dunha Unidade de Atención Temperá Municipal

Desde Esperta Monforte lembran as subvencións que concede a Xunta para este tipo de...

DeNinghures e Mondra no escenario Chantada do Festival 17º Ribeira Sacra este 28 de xullo

Os concertos do Escenario Chantada levaranse a cabo no Parque Eloísa Rivadulla, “en Chantada...

Xosé Estévez presenta o 24 de xullo en Quiroga o seu novo libro “Manuel María e o Val de Quiroga”

O historiador e profesor quirogués, Xosé Estévez, presentará o vindeiro mércores, 24 de xullo,...