HomesociedadeArquivada denuncia contra o alcalde de Quiroga

Arquivada denuncia contra o alcalde de Quiroga

O Xuíz do Penal de Monforte arquivou unha denuncia por prevaricación administrativa e tráfico de influencias. Esta denuncia é presentada por unha acusación da Axencia de Vixilancia Aduaneira do Estado contra o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, e o ex secretario do Concello, Luís Nieto Lago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta denuncia empézase a investigar no ano 2017. Tratase dunha peza separada dunha causa aberta por Pilar de Lara hai máis de 5 anos na que se investiga a un veciño de Quiroga que estaba acusado tamén por Vixilancia Aduaneira por branqueo de diñeiro e contrabando e que agora está para ser xulgado na Audiencia Nacional. 

No transcurso da investigación a este señor intercéptaselle unha conversación cun dos seus irmáns na cal nomean ao alcalde de Quiroga. Pilar de Lara fai unha peza separada da súa investigación e envíaa ao Xulgado N.º 2 de Monforte de Lemos. Este Xulgado abre unha investigación no ano 2017 que rematou antonte arquivando definitivamente o caso. A acusación era de prevaricación administrativa e tráfico de influencias porque na acusación dicíase que o Concello tivera trato de favor cara a un familiar do señor que estaba a ser investigado pola xuíza Pilar de Lara.

O fiscal, despois dun expediente de máis de cinco tomos e mil trescentos folios, resultado da investigación desde o ano 2017, di no auto textualmente “non consta nas actuacións realizadas ningunha queixa expresa ou reclamación de cidadáns concretos, non consta que se formulou algún tipo de queixa ou protesta dos grupos da oposición, nin dos outros aspirantes que estaban chamados ao concurso onde foi adxudicataria esta persoa relacionada co investigado (JCP) por Pilar de Lara”.

Non hai ningunha reclamación, dato concreto ou incidencia que poida probar que houbo trato de favor do ex secretario e do alcalde cara a un familiar deste señor. Polo tanto a denuncia queda arquivada.

ÚLTIMAS

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...