HomesociedadeRepárase a liña eléctrica da estación de bombeo de augas da Pobra...

Repárase a liña eléctrica da estación de bombeo de augas da Pobra do Brollón

A área de Medio Rural e do Mar, Mocidade colabora co Concello da Pobra do Brollón na reparación dunha liña eléctrica de media tensión (LMT) que subministra alimentación á estación de bombeo de augas, de titularidade municipal. O temporal Dora cortara o subministro da planta, que dá servizo a uns 900 veciños e veciñas do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A reparación da liña require un investimento de 15.400 euros, dos cales a área de Medio Rural achega 12.000 euros. A estación de bombeo de augas dá servizo a nove parroquias do concello, que conta cuns 900 habitantes. Tratáse da Pobra do Brollón, Abrence, Castroncelos, Cereixa, Eixón, Estación, Fornelas, Lamaigrexa e Pinel,  nas que hai varias explotacións gandeiras con animais que “non poden estar pendentes dun corte na submnistración de auga”, subliñou o alcalde.

A deputada, Mónica Freire explicou que “asinamos un convenio de colaboración para dar unha resposta áxil a unha demanda moi urxente que nos transladaron desde o Concello despois dos danos causados polo temporal Dora na liña que subministra electricidade á estación de bombeo de augas.  Deste xeito tratamos de atender as necesidades prioritarias no ámbito rural dos concellos da provincia de Lugo”.

Segundo detallou o alcalde da Pobra do Brolón, Xosé Lois Maceda, as intensas choivas sufridas durante o temporal os pasados 4 e 5 de decembro afectaron á planta potabilizadora de Río Loureiro e a ETAP de Domiz. “Afortunadamente poidemos recuperar o servizo coa instalación dun xerador eléctrico que reactivou a potabilizadora, pero o custe deste tipo de solucións provisionais é moi elevado polo que a posibilidade de acometer a reparación definitiva foi moi positivo para o concello.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...