Homesociedade"Por que a miña avoa no Courel ten menos dereitos para vacinarse?",...

“Por que a miña avoa no Courel ten menos dereitos para vacinarse?”, Alba M.

Tamén se vacina aos maoires de 80 anos nos centros de saúde de Chantada e Quiroga. En Quiroga vacínanse, por exemplo os maiores de 80 anos de Folgoso do Courel; moitos quilómetros para xente de idade avanzada. Esta situación chegaba á nosa redacción.

Publicado o

- Advertisement -

Sanidade iniciou este luns na provincia de Lugo a campaña de vacinacion dos maiores de 80 anos, co obxectivo de vacinar a 850 maiores cada día. A vacinación centralízase nos centros de saúde das cabeceiras de comarca. Por exemplo, en Monforte serán vacinados os maiores da comarca de Lemos. Por este motivo, o Concello acotou un espazo para vacinar diante do ambulatorio.

Tamén se vacina aos maoires de 80 anos nos centros de saúde de Chantada e Quiroga. En Quiroga vacínanse, por exemplo ós maiores de Folgoso do Courel; moitos quilómetros para xente de idade avanzada. Esta situación chegaba á nosa redacción.

Trátase da historia dunha muller de 94 anos que vive no extremo norte do municipio. “Como todas as persoas maiores de 80 anos esperaba con grande alegría a campaña de vacinación contra a Covid 19. Tivo sorte porque o sua apelido comeza pola L, xa a chamaron para que se vacinara,” comenta a súa neta.

Máis dunha hora de coche para unha muller de 94 anos

A protagonista desta historia está citada esta semana no centro de saúde de Quiroga, o que sorprendeu á familia, “Se poñemos no google maps como chegar podemos ver claramente que é mais dunha hora. Unha hora de coche por unha estrada que non é precisamente moi agradable para unha señora de 94 anos con mobilidade reducida e propensa ós mareos,” sinala a súa neta Alba.

Na chamada para concertar a vacinación, a avoa de Alba dixo que non se atrevía a facer unha viaxe tan longa. A operadora comunicoulle, segundo conta Alba, que o tempo de espera para vacinar nos domicilios particulares era de dous a tres meses. “Por que miña avoa ten menos dereitos que as persoas que están nas residencias de maiores, ás que vacinaron no seu cuarto? Por que miña avoa ten menos dereitos que unha persoa que vive en Santiago á que lle leva 5 minutos chegar ó seu centro de saúde? Por que lle poñen a vacina da gripe na súa casa, pero non lle poñen a do Coronavirus?”

NIeves Cabo Vidal, primeira galega en recibir a vacina en Galicia. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA DE GALICIA

A historia da avoa de Alba esténdese a outros maiores do Courel e doutros concellos de montaña, por exemplo ós seus veciños, “Teño uns veciños que son matrimonio, teñen máis de 80 anos e ningún deles ten coche. Viven sós, dependen dun taxi para que os leve ós sitios. Como teñen distintos apelidos teñen que pagar a un taxi dous días diferentes para poder vacinarse. Esta é unha pequena mostra do que pasa no rural, non só no Courel, tamén en Cervantes, na Fonsagrada…”

As dificultades para a mobilidade nos concellos de Montaña seguen pasando factura por non adaptarse as normas á súa realidade. E cada vez máis voces se erguen demandado igualdade de condicións; acaban de facelo coas mobilizacións para manter o seu transporte escolar e agora co acceso dos maiores de 80 anos ás súas vacinas. Como boa nova con respecto á Covid, na zona sur da provincia, hai tres concellos libres de coronavirus, Folgoso do Courel, O Incio e Bóveda.

ÚLTIMAS

Novidosas sinalizacións lumínicas para pasos de cebra no Concello de Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar a mellora viaria, con sinalizacións lumínicas en...

A Valedora admite unha queixa por ignorar o Concello de Monforte máis de 8 meses a un aspirante

Lembran desde FAC-USO que o 13/10/2023 convocouse un proceso selectivo para unha praza interina...

Do 27 ao 29 de xullo, festas na parroquia monfortina de Piñeira

O deputado de Mocidade, Daniel García, reuniuse coa Asociación de Festexos de Piñeira, que...

Finalistas da X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

A esta X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra presentáronse 85...