HomesociedadeAdif anuncia expropiacións en Pantón para melloras no treito Monforte-Ourense

Adif anuncia expropiacións en Pantón para melloras no treito Monforte-Ourense

Trátase do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneis e explanacións) entre os ppkk 019+798 e 028+183 do treito Monforte-Ourense da liña 810.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informa de que Adif ten sometido a información pública, a efectos da declaración da necesidade de ocupación, un dos proxectos que vai executar para mellorar o treito Monforte-Ourense. Trátase do proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneis e explanacións) entre os ppkk 019+798 e 028+183 do treito Monforte-Ourense da liña 810.

A relación de bens e dereitos afectados, que pertencen aos concellos de Pantón e A Peroxa, foi publicada no Boletín Oficial do Estado do día 19 de febreiro.

Ademais, a documentación de expropiacións pode examinarse nas Subdelegacións do Goberno de Lugo e Ourense, na Subdirección de Infraestrutura e Vía de Adif nos concellos de Pantón e A Peroxa e tamén no apartado de Información Pública do Portal de Transparencia da web de Adif.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...