HomesociedadeClases de poda na viña experimental dos Chancís para o alumnado do...

Clases de poda na viña experimental dos Chancís para o alumnado do IES O Ribeiro

O Concello de Sober convida un ano máis ao alumnado do IES O Ribeiro de Ribadavia a facer traballos prácticos na viña dos Chancís, de propiedade municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumnado deste centro visita esta parcela dúas veces ao ano, unha para a poda e outra para a vendima. Do mantemento da finca encárgase o Concello de Sober.

Este martes, 23 de febreiro, 15 alumnos e 3 docentes estiveron facendo traballos de poda ao longo de toda a mañá. Trátase do alumnado que está estudando os Ciclos de Formación Profesional de grao Medio de Aceites e Viños, e o de Grao Superior de Vitivinicultura. Está previsto que no mes de setembro volvan de novo aos Chancís para recoller a uva.

Segundo relataron os propios alumnos a experiencia, a primeira para eles por ser dos primeiros cursos relacionados con viticultura, foi moi satisfactoria xa que puideron contemplar diferentes sistemas de produción, e as particularidades de propia zona como é a Ribeira Sacra, tan diferente ao lugar no que eles reciben formación.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...