HomesociedadeDesestimada unha denuncia contra o concello de Monforte por unha caída na...

Desestimada unha denuncia contra o concello de Monforte por unha caída na rúa Compañía

O Xulgado do Contencioso-Administrativo Nº 1 de Lugo vén de fallar a favor do Concello de Monforte en relación cunha reclamación por responsabilidade patrimonial presentada por M.R.L. a raíz dunha caída na rúa Compañía en abril de 2018.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sinistro polo que se interpuxo a demanda contra o Concello acaeceu o 13 de abril de 2018, cando M.R.L. ía camiñando pola rúa Compañía, á altura do nº 2, “cando ó cruzar o paso de peóns caeu ó chan por culpa do mal estado da vía, concretamente por un resalte de estaba situado máis ou menos no centro do paso de peóns, sufrindo como consecuencia de dita caída unha serie de lesións en xeonllo dereito e ombreiro dereito, de devanditos feitos foron testemuñas varias persoas”.

Ó lugar dos feitos acudiu unha patrulla da policía local que elaborou un informe e sacou fotografías do lugar dos feitos, e chamou ó 112 para que enviasen unha ambulancia, a cal trasladouna ó hospital comarcal. A persoa demandante pedía unha indemnización ó Concello de 17.660 euros.

Dende o Contencioso-Administrativo nº 1 de Lugo considerouse probada a caída na vía pública da persoa demandante, xa que a Policía Local de Monforte foi avisada do suceso, e tamén existe un parte de urxencias do hospital comarcal. Pero desestímase a demanda por “inexistencia de nexo causal” xa que, “el obstáculo que la reclamante califica como causante de su caída no alcanza la relevancia o peligrosidad necesaria para servir de nexo causal entre la caída que nos ocupa y los daños causados por esta y el normal o anormal funcionamiento de los servicios públicos”.

Dende o Concello, laméntanse as lesións que esta persoa puidera sufrir a raís deste tropezo fortuíto e desafortunado, e agárdase que non se produzan máis caídas deste tipo.

Pero tamén destácase que a xustiza lle dera a razón ó Concello, porque non todas as caídas que se producen son imputables ó mal estado das rúas.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...