HomesociedadeA Pobra do Brollón, o único concello de Lemos con nivel de...

A Pobra do Brollón, o único concello de Lemos con nivel de restricións alto

Tamén están así Guitiriz e Lourenzá no resto da provincia

Publicado o

- Advertisement -

O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión deste martes, abrir o peche da Área sanitaria de Ferrol, que pasa a nivel medio e recuperará a mobilidade co resto de Galicia.

 Pola súa banda, as áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Tamén quedan neste nivel os concellos de Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.

Isto implica que só se poden mover entre eles se son da mesma área sanitaria. Por outra banda, o concello de Soutomaior é o único de Galicia que permanece en nivel máximo, o que implica as restricións máximas, é dicir, sen mobilidade agás para traballo ou asuntos esenciais.

O resto dos concellos galego quedan en nivel medio. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do venres día 5 de marzo.

  Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...