HomesociedadeUnha "Gran mestra da cociña tradicional" en Quiroga

Unha “Gran mestra da cociña tradicional” en Quiroga

Maribel Raposo Rodríguez, da Cantina O Foguete de Pacios da Serra en Quiroga, vén de ser recoñecida como “Gran Mestra da Cociña Tradicional”. Este distintivo concédeo a Federación de Academias da Gastronomía dos Camiños a Santiago e a Academia Galega de Gastronomía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Vicepresidente da Academia Galega, Francisco García Bobadilla, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, desprazáronse ata Pacios da Serra para facerlle entrega a Maribel Raposo dun diploma como recoñecemento polo seu coidado e custodia das receitas tradicionais e por manter viva unha forma de cociñar tradicional.

A Academia Galega de Gastronomía ten como finalidade potenciar todo o relacionado coa gastronomía galega, dende os produtos ata a forma de elaboración. A Academia tamén recoñece a aquelas persoas que contribúen a potenciar a cociña galega, tanto tradicional como moderna, cos seus distintivos como mestres da cociña.

Membros desta entidade tiveron ocasión de degustar os produtos da Cantina O Foguete en varias ocasións (un menú diario composto por media ducia de pratos elaborados con produtos da tempada e outras tantas sobremesas caseiras), o que os levou a outorgar este recoñecemento á persoa que dende hai anos a rexenta. 

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...